Off-Topic

PsicoPico no top 50 das webs en galego de Código Cero!

Termina 2016, ano no que naceu este pequeno recuncho de divulgación e asesoramento psicolóxico. O proxecto PsicoPico.com iniciouse fai 11 meses e hoxe recibimos unha moi boa nova: estamos no Top 50 das webs máis populares en galego segundo Código Cero. Este prestixioso diario dixital sobre tecnoloxía de Galicia basea as clasificacións segundo un dos medidores web máis potentes: Alexa.

Entramos por primeira vez no top 50, ocupando o posto 49 de webs en galego, clasificación liderada pola potente páxina de Zara.com. Actualmente PsicoPico.com está situada no posto 1.417.026 mundial de entre os miles de millóns de webs publicadas en internet. Este resultado, gracias as vosas visitas segue crecendo día a día. Código Cero actualiza as clasificacións mensualmente e esperamos seguir traballando para poder seguir aparecendo nesta prestixiosa listaxe, estes resultados corresponden á última actualización do día 25 de Xaneiro de 2016, podes ver as clasificacións premendo aquí.

PsicoPico.com publica a meirande parte dos seus artigos en tres linguas (castelán, inglés e galego), conta a día de hoxe con preto de 9.000 suscriptores entre redes sociais (Facebook: 6.382; Twitter 650; Instagram 213) e suscriptores da newsletter vía e-mail (1.690). Todos eles suscritos aos máis de 123 artigos publicados baixo a firma do seu creador e director, Iván Pico. A todos os visitantes, suscriptores e non suscriptores: GRACIAS e gracias a Código Cero por incluirnos no listado.

Dende Lugo e dende Galicia para o mundo.

Artigos máis vistos no 2016.

Aproveitamos para dexarvos aquí os 10 artigos máis vistos en PsicoPico durante este ano 2016:

  1. ¿Por que gusta tanto a Patrulla Canina? (Serie de 3 artigos cun total de 38.621 visitas).
  2. A roda das emocións, de Robert Plutchik (24.720 visitas)
  3. O mito de Psique: historia do símbolo da psicoloxía. (22.194 visitas)
  4. Os trastornos mentais debuxados, galería completa e explicada (12.260 visitas)
  5. As 17 distorsións cognitivas mais frecuentes. (7.177 visitas)
  6. 20 cancións con títulos moi psicolóxicos. (3.498 visitas)
  7. Mi experiencia en la UNED. (2.391 visitas)
  8. Alcoholismo e síndrome de Korsakoff: cando o alcohol cómese ao cerebro. (2.078 visitas)
  9. A dominancia cerebral segundo os cuadrantes de Herrmann. (1.763 visitas)
  10. Batman, un superheroe con problemas psicolóxicos. (1.627 visitas)

Se queres asesoramento psicolóxico, publicitarte ou compartir calquera inquietude podes facelo a través do correo info@psicopico.com.

Aproveito este post para desexarvos un bo comezo de ano 2017 e unhas boas festas do nadal para todos!

Iván Pico

Director y creador de Psicopico.com. Psicólogo Colegiado G-5480 entre otras cosas. Diplomado en Ciencias Empresariales y Máster en Orientación Profesional. Máster en Psicología del Trabajo y Organizaciones. Posgrado en Psicología del Deporte entre otras cosas. Visita la sección "Sobre mí" para saber más. ¿Quieres una consulta personalizada? ¡Escríbeme!

Añadir Comentario

Click aquí para dejar un comentario

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

(Español) La Librería de la Psicología

¿Dónde comprar los libros de psicología? Aquí: Grado Psicología (UNED) | Recomendados de Psicología | Todas las categorías | Colección general

(Español) Proyecto e3 – EducaEntrenaEmociona

Servizos psicoloxía e publicidade: info@psicopico.com