Termina 2016, ano no que naceu este pequeno recuncho de divulgación e asesoramento psicolóxico. O proxecto PsicoPico.com iniciouse fai 11 meses e hoxe recibimos unha moi boa nova: estamos no Top 50 das webs máis populares en galego segundo Código Cero. Este prestixioso diario dixital sobre tecnoloxía de Galicia basea as clasificacións segundo un dos medidores web máis potentes: Alexa.
Entramos por primeira vez no top 50, ocupando o posto 49 de webs en galego, clasificación liderada pola potente páxina de Zara.com. Actualmente PsicoPico.com está situada no posto 1.417.026 mundial de entre os miles de millóns de webs publicadas en internet. Este resultado, gracias as vosas visitas segue crecendo día a día. Código Cero actualiza as clasificacións mensualmente e esperamos seguir traballando para poder seguir aparecendo nesta prestixiosa listaxe, estes resultados corresponden á última actualización do día 25 de Xaneiro de 2016, podes ver as clasificacións premendo aquí.
PsicoPico.com publica a meirande parte dos seus artigos en tres linguas (castelán, inglés e galego), conta a día de hoxe con preto de 9.000 suscriptores entre redes sociais (Facebook: 6.382; Twitter 650; Instagram 213) e suscriptores da newsletter vía e-mail (1.690). Todos eles suscritos aos máis de 123 artigos publicados baixo a firma do seu creador e director, Iván Pico. A todos os visitantes, suscriptores e non suscriptores: GRACIAS e gracias a Código Cero por incluirnos no listado.
Dende Lugo e dende Galicia para o mundo.
Aproveitamos para dexarvos aquí os 10 artigos máis vistos en PsicoPico durante este ano 2016:
Se queres asesoramento psicolóxico, publicitarte ou compartir calquera inquietude podes facelo a través do correo info@psicopico.com.
Aproveito este post para desexarvos un bo comezo de ano 2017 e unhas boas festas do nadal para todos!