Deporte

Por que facemos deporte?

Como seres humans necesitamos estar en movemento para desenvolverse e manter as funcións biolóxicas, pero ademais necesitámolo para o desenvolvemento cognoscitivo e o desenvolvemento das capacidades intelectuais. Moitos autores investigaron que é o que motiva ao ser humano xa non só a moverse como necesidade básica, senón que é o que nos motiva a facer deporte ou actividade física.

Motivos directos e indirectos.

Para Rudik (1988), existen motivos indirectos e directos para facer deporte.

Motivos directos para a práctica deportiva
  • O sentimento especial de satisfacción que experimenta o deportista pola manifestación da actividade muscular (aumento de serotonina).
  • O pracer estético, derivado da beleza e lixeireza dos movementos propios. Só hai que entrar en Instagram para ver as fotos da xente no ximnasio “lucindo” corpo orgullosa.
  • A aspiración a parecer audaz e decidido a realizar exercicios difíciles e perigosos. Tendemos sempre a querer ser mellore en todo aquilo que facemos, xa sexa deporte ou facerse unha tortilla de patacas.
  • Os elementos de competición que constitúen un aspecto importante e obrigatorio do deporte. O ter unha orde e disciplina fainos máis ordenados mentalmente e iso reforza a realización do deporte.
  • O desexo de alcanzar resultados, records e de conseguir a vitoria. Si, gañar gústalle a todo o mundo.

Os motivos indirectos da actividade deportiva

  • A aspiración de ser forte, vigoroso e san.
  • O desexo de prepararse para a actividade práctica.
  • A comprensión da importancia social da actividade deportiva.

Outros autores, como o psicólogo ruso Bologachevski expón que os motivos que empuxan aos mozos á actividade deportiva teñen unha estrutura máis complexa pero tamén coincide en que todos están relacionados coa satisfacción, o resultado na adquisición de habilidades e coas perspectivas de mellora da saúde ou traxectoria persoal (preparar oposicións, ser adestrador, deportista profesonal, etc.)

Autores como Palaima, falan da atracción emocional inmediata como principal motivador da práctica deportiva. En canto á actividade competitiva existen motivos de orde moral (deber, colectivismo, patriotismo), esforzo cara á autoafirmación, motivos relacionados co adestramento, motivos estéticos e motivos relacionados co desexo de obter privilexios.

Fases do desenvolvemento da motivación cara á actividade deportiva

Existen tres fases no proceso, segundo o enfoque clásco de A.Z. Puni:

1. Fase inicial. Nesta fase actúan tres tendencias fundamentais que son:

  • A atracción emocional do exercicio físico.
  • O cumprimento de obrigacións.
  • A necesidade da actividade condicionada pola forma de vida.

2. Especialización e elección. Surgimiento e desenvolvemento do interese por un deporte concreto. Pola revelación de facultades para o mesmo e a aspiración a desenvolvelas, a saturación de emocións experimentadas polo éxito deportivo e a ampliación de coñecementos especiais de técnica.

3. Mestría. Nesta última fase os motivos específicos son:

Aspiración a manter a mestría adquirida e conseguir maiores éxitos. Os xogadores do F.C. Barcelona son mestres do seu deporte pero parece que non se cansan de gañar títulos.
A aspiración a servir ao país cos éxitos deportivos e conseguir novas marcas. Que xogador profesional non quere ir á selección?
A aspiración a contribuír ao desenvolvemento do deporte elixido e transmitir a experiencia aos mozos deportistas. Existen multitude de casos de ex-deportistas profesionais que se converten en adestradores e para iso necesitan seguir mellorando os seus coñecementos e para iso non cesan a súa actividade aínda que sexa a menor nivel, pero si tentando mellorala.
Noutros artigos profundaremos sobre as diferenzas entre motivación intrínseca e extrínseca, como lograr aumentala e o papel que ten o adestrador como motivador dos seus deportistas.

_

Imaxen: www.pixabay.com

Sobre el autor

Iván Pico

Graduado en Psicología (UNED). Nº Colegiado G-5480. Diplomado en Ciencias Empresariales (USC). Máster en Psicología del Trabajo y las Organizaciones. (INESEM). Máster Universitario Oficial en Orientación Profesional (UNED). Posgrado en Neuromarketing (Universidad Camilo José Cela). Técnico Deportivo Nivel II, fútbol sala (RFEF). Especialista en Psicología Aplicada al Deporte. Etc, etc...
Ver Página personal de Linkedin para información adicional o en la sección ¿Quién soy de la web? :)

3 comentarios

Click aquí para dejar un comentario

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.