Intelixencia Emocional

Os 19 dereitos asertivos básicos

derechos asertivos

Unha persoa considérase asertiva cando é capaz de afirmar ou negar de forma positiva, con seguridade, de forma sinxela e con forza pero respectando as ideas e dereitos dos demais, sen chegar a ofendelos. Basicamente resúmese nestas 6 capacidades asertivas:

Son capaz de…

  • Son capaz de dicir non.
  • Son capaz de pedir un favor ou petición.
  • Son capaz de expresar tanto os sentimentos positivos como negativos de maneira adecuada.
  • Son capaz de comunicarse adecuadamente.
  • Son capaz de expresar unha opinión.
  • Son capaz de manter os dereitos propios.

Por que é bo ser asertivo?

  • As persoas asertivas senten máis libres de manifestarse, mediante palabras, feitos ou actos. ?Este son eu, isto é o que penso, quero e sinto?.
  • Son capaces de comunicarse con persoas de calquera tipo ou nivel (amigos, estraños, xefes superiores, familiares, profesionais, etc.). A comunicación sempre será aberta, directa, sincera e adecuada.
  • A xente cun estilo asertivo teñen unha orientación activa na vida, saben o que quere e tenta facer que aquilo que queren suceda.
  • Actúan dun modo respectable. Aceptan as súas limitacións e entenden que non se ten porque gañar sempre, pero son conscientes de que a súa conduta é lícita e a súa forma de actuar é amparada por bos motivos.

Os 19 Dereitos asertivos básicos.

  1. Dereito ao respecto e á dignidade.
  2. Dereito a ter sentimentos, opinións e a poder expresalos sen violar a dignidade dos demais (dereito a estar triste, canso, enfadado, etc.)
  3. Dereito a decidir se nos comportamos en función das expectativas e desexos dos outros ou conforme aos nosos intereses, sempre que non violemos os dos demais.
  4. Dereito a pedir, sabendo que o outro ten dereito a dicir que non.
  5. Dereito a rexeitar peticións sen sentirnos culpables.
  6. Dereito a establecer nosas propias prioridades e a tomar nosas propias decisións.
  7. Dereito a cambiar de opinión.
  8. Dereito a decidir que é o que quero facer, as nosas prioridades, o noso corpo e o noso tempo.
  9. Dereito a equivocarse, sendo responsable dos nosos erros.
  10. Dereito a pararse e pensar antes de actuar ou antes de tomar unha decisión. É dicir, dereito a non ter que responder de forma inmediata (ou nunca).
  11. Dereito a pedir información ou a preguntar cando non se entende algo.
  12. Dereito a gozar os propios logros e recoñecelos, a estar orgulloso dun mesmo.
  13. Dereito a sentirse a gusto cun mesmo, independentemente se os resultados ou logros fosen mellores ou peores.
  14. Dereito a obter aquilo polo que se paga (por exemplo, se ponche un café que non está bo dereito a que cho restitúan por outro).
  15. Dereito a escoller non comportarse de forma asertiva, se é o que se quere.
  16. Dereito a estar só cando así se desexa.
  17. Dereito a non ter que justificarse ante os demais.
  18. Dereito a facer calquera cousa, sempre que non se violen os dereitos das demais persoas.
  19. Dereito e obrigación a sentirse contento, ou ser feliz.

A asertividad é unha habilidade da intelixencia emocional que se pode traballar e desarollar, se queres cambiar a túa forma de afrontar as cousas podes facelo. Non teñas medo en apoiarche en axuda profesional para iso.

Sobre el autor

Iván Pico

Graduado en Psicología (UNED). Nº Colegiado G-5480. Diplomado en Ciencias Empresariales (USC). Máster en Psicología del Trabajo y las Organizaciones. (INESEM). Máster Universitario Oficial en Orientación Profesional (UNED). Posgrado en Neuromarketing (Universidad Camilo José Cela). Técnico Deportivo Nivel II, fútbol sala (RFEF). Especialista en Psicología Aplicada al Deporte. Etc, etc...
Ver Página personal de Linkedin para información adicional o en la sección ¿Quién soy de la web? :)

Comentar

Click aquí para dejar un comentario

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

(Español) Tu empresa también podría publicitarse aquí ;)