Que elementos inflúen na adherencia?
Para identificar a adherencia primeiramente temos que ter claro 8 indicadores:
- Definir que é para nós adherencia e que non o é en función do noso grupo ou expectativas. Non é o mesmo un equipo de rendemento, que uno dunha escola deportiva que xuntarse para xogar unha pachanga entre amigos.
- Condicións e circunstancias antecedentes. Como xa dixemos anteriormente: Que pasaba antes de…? Quizais o neno vén dun equipo no que funcionaba o libre albedrío ou simplemente mudouse de cidade e dálle preferencia á procura de amizades, por exemplo.
- Consecuencias de ser adherente e non selo. Temos un réxime interno?Aplicámolo con xustiza?
- Modelos e referencias. Comprobaremos os modelos do xogador tantos directos como indirectos, internos como externos. É dicir, preguntarémonos: Como é o pai do neno? Fala moito dun determinado xogador famoso? Fíxase en compañeiros e imítaos?
- Motivación básica. Gústalle realmente o que fai? Quizais estea obrigado polos pais… ou pola noiva para baixar peso!
- Situacións estresantes. Onde ten o limiar da tensión o deportista? É dos que para pronto por unha molestia ou continua até cojeando? Ou…sente presión por non facelo ben?
- Crenzas e actitudes. Se se trata dunha persoa que cre directamente que “é que eu non vallo para isto” e se justifica niso… haberá primeiro que tratar este tema antes que a adherencia.
- Os recursos dispoñibles. Non podemos virnos arriba como adestrador-psicólogo se non estamos capacitados, a parte de que moitas veces os xogadores captan mellor de fontes externas ao adestrador. Se che informaches ben de como actuar e vesche capacitado, adiante, pero valora o tempo do que dispós para darlle ao xogador ou ao grupo algunhas pautas para corrixir ou previr. Non sempre temos tempo para todo e hai que priorizar necesidades. En caso contrario, valora o consultar o teu caso concreto cun psicólogo, non somos uns bichos raros ;).
Para recompilar esta información podemos facelo mediante simples reunións, observación directa e anotación de variables observadas, cuestionarios, etc.
Con todo isto teremos unha primeira análise da avaliación do risco da falta de adherencia e concretar os problemas existentes para elaborar un programa de intervención para corrixir, previr e potenciar a adherencia.
Consulta o artigo anterior sobre adherencia ao adestramento.