Esculcando a rede atopeime cun interesante estudo publicado pola Universidade de Chicago en 2015 sobre os beneficios da exposición ao bilingüismo. Segundo esta investigación, a exposición temperá a múltiples linguas fomenta o desenvolvemento de habilidades de comunicación. Ademais, disto, era sabido que o bilingüismo favorece o control executivo, a memoria e atrasa a deterioración cognitiva. A todo isto engádeselle o beneficio social que xera o saber varias linguas e as emocións que provoca a súa aprendizaxe e as primeiras veces que se pon en práctica.
Na miña terra natal, Galicia, poderiamos dicir que todos somos bilingües, xa que nacemos con dúas linguas maternas: o castelán e o galego. Poderiamos dicir que isto nos beneficiou tanto cognitivamente falando como nas nosas interaccións sociais? Quizais non tanto que se o bilingüismo fose cunha lingua máis potente a nivel mundial como o inglés. ou con raíces dialécticas diferentes. Con todo, o ben que queda nos CV pór que sabes dous idiomas? Isto non nolo quita ninguén. Viva Galicia!
As estimacións din que máis da metade da poboación mundial é bilingüe. Para iso, transcribimos algunhas preguntas realizadas ao experto en psicolingüistica François Grosjean, autor do libro Life and Reality nunha entrevista concedida a Marianna Pogosyan. O artigo completo podédelo ler picando aquí.
Aquí trataremos de resumir as 10 preguntas sobre o bilingúismo expostas.
Os bilingües son as persoas que utilizan dúas ou máis linguas (ou dialectos) na súa vida cotiá.
Non existe unha cortiza cerebral monolingüe e outra bilingüe. O cerebro utiliza as mesmas estruturas neuronais e os mesmos recursos para manexar ambas as linguas pero de diferentes maneiras.
Segundo os investigadores, non existe unha idade concreta para poder aprender un segundo idioma sen acento, pero xeralmente poderíase realizar entre os 10 e 15 anos. Con todo, existen casos de profesores de idiomas ou persoas altamente motivadas que con estancias prolongadas e cun contacto intensivo con falantes nativos lograron converterse practicamente en falantes nativos.
A maioría dos bilingües utilizan as linguas para propósitos diferentes ou con diferentes persoas. Polo que non se ten que ser igual de competente en ambas as linguas. A maior fluidez nun ou outro depende das necesidades específicas (principio da complementariedade). É moi raro que os bilingües teñan o mesmo dominio de ambos os idiomas.
A mestura de idiomas nos nenos é normal, especialmente se os pais son tamén bilingües. Non é un factor importante, o realmente importante é cando se produce a aprendizaxe do idioma, a estratexia utilizada e ensinarlles a necesidade de cada un das linguas. Aprender a usalos nos momentos adecuados.
Aproximadamente o 64% das persoas bilingües soñan nunha ou outra lingua en función do tipo de soño que teñan. É dicir, sucede o chamado principio da complementariedade, que quere dicir que a lingua utilizada depende da necesidade do momento concreto. Isto mesmo ocorre cos soños, dependendo do que soñes faralo nun ou outro idioma.
Algúns bilingües afirman ser diferentes cando utilizan un e outro idioma, mesmo que afectan á súa personalidade. Con todo, o que parece ser é máis ben un cambio nas actitudes e comportamentos correspondentes ao contexto no que se haxa a persoa, independentemente da lingua utilizada. Pasa exactamente o mesmo en monolingües, as persoas adáptanse ás situacións, do mesmo xeito que a lingua utilizada pero non por motivo desta.
A tradución dunha lingua prodúcese principalmente nas primeiras etapas da adquisición do segundo idioma. Cando unha persoa por fin utiliza de forma cotiá ambas as linguas xa non se traducen ou só en raras ocasións.
É un mito que os nenos bilingües teña un atraso no desenvolvemento da linguaxe. Non existe ningunha evidencia neste sentido pero si se sabe que a taxa de adquisición da lingua é a mesma que a dos monolingües. En canto á adquisición de léxico, volve funcionar o principio de complementariedade como nos adultos. O léxico usarase en función das necesidades e o contexto.
Son varias as vantaxes: pódense comunicar con diferentes persoas e en diferentes culturas; teñen a sensación de que o coñecemento de varios idiomas axudaralles a aprender outros novos; o bilingüismo fomenta unha mentalidade aberta; ofrece diferentes puntos de vista sobre a vida; reduce a ignorancia cultural e dá maiores oportunidades de emprego e mobilidade social.
_
Fonte: Psychology Today
Foto: Pixabay.com